Espléndida.

Sen dúbida unha vez máis as actuacións maxistrais de Javier Bardem e Luis Tosar, non fan máis que tornar doce a amarga realidade da temática desta película, que nos tempos que corren fainos reflexionar e concluír que as vidas persoais e as consecuencias non son sempre obra de accions incorrectas. As actitudes, non sempre acertadas, poden ser froito de moitos factores e endexamais debe ninguén, xulgar o que fai ben ou mal, aquel que non ten traballo, porque a culpa non é del, a culpa non é nosa. O importante ó fin, e estar xuntos, coma os siameses.