Creo que vin este video unhas cincocentas veces, e nunca deixa de percorrerme un tremor polo corpo, como cando unha nai chora, ou un irmán parte. A verdade é que hoxe, esta noite, gustaba de subir esta obra de arte de Luz Casal (e a grande Rosalía), non nun desolador contexto de catástrofe ambiental senón por factores moito máis persoais... pero o fin é o cabo... moitos sentimentos se nos parecen e quizais, o lume da terra faga entender a alguén que o aquí presente queira loitar no seu lar, que queira conseguir aquí o que ela merece, que queira botar raices de por medio e no seu colo facela nai e non deixala morrer. Tamén quero pedir, a aqueles que marchades, que a partida valga para algo e que recordedes cada día que nacestes entre fadas, entre meigas, entre arte feita terra , que busquedes fora aquilo que precisades e que ela precisa, porque sen ela, fora non sodes ninguén... Que cando penso que vos fostes quero pensar que non fuxides, que pedras, verdes e mares fican aquí chorando, as estrelas o ceo, os ventos e a maxia... que sei que a ten. "Non sabe o que quere... mais quere a sua terra" deberían dicir as xentes... e xa non prosigo con esa toleira sen sentido, que me pode a noite galega e polas suas xentes choro a cotío...





Cando penso que te fuches,
Negra sombra que me asombras,
Ó pé dos meus cabezales
Tornas facéndome mofa.
Cando imaxino que es ida,
No mesmo sol te me amostras,
I eres a estrela que brila,
I eres o vento que zoa.

Si cantan es ti que cantas;
Si choran, es ti que choras,
Ti es o marmurio do río,
I es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
Pra min y en min mesma moras,
Nin me dexarás ti nunca,
Sombra que sempre me asombras.